#NVDA Remote Access Versión 2.1
Benvido ao complemento de acceso remoto de NVDA, que che permitirá conectarte a outro equipo que execute o lector de pantalla de balde NVDA. Da igual que esteas ó outro lado da habitación ou ó outro lado do mundo. Conectarse é simple, e hai moi poucos comandos que aprenderse. Podes conectarte ao equipo doutra persoa, ou permitir a unha persoa de confianza que se conecte ao teu sistema para realizar un mantemento rutineiro, diagnosticar un problema, ou ensinarche algo.
É necesario ter instalado NVDA en ambos os dous equipos, e obter o complemento NVDA Remote Access. A instalación de NVDA e do complemento non varía con respecto a outras. Se necesitas máis información, podes encontrala na guía de usuario de NVDA.
Cando se actualice o complemento, se instalaches NVDA Remote no escritorio seguro, recoméndase que actualices tamén a copia do escritorio seguro. Para facer isto, primeiro actualiza o complemento existente. De seguido abre o menú de NVDA, preferencias, Opcións Xerais, e preme o botón etiquetado con "Utilizar opcións actualmente gardadas do logon e outras pantallas seguras (require privilexios de administrador)".
A opción servidor no diálogo conectar permite establecer una conexión directa. Unha vez seleccionada, elixe o modo no que se comportará o teu equipo durante a sesión. A outra persoa conectarase utilizando o contrario.
Unha vez seleccionado o modo, podes usar o botón obter IP externo para obter o teu enderezo IP externo e asegurarte de que o porto introducido no campo "porto" está reenviado(aberto) correctamente. Se portcheck detecta que o porto (por defecto 6837) non se pode alcanzar dende Internet, aparecerá una advertencia. Reenvía(abre) o porto e inténtao de novo. Nota: o proceso de reenviar portos está fóra do propósito deste documento. Consulta a documentación que acompaña ao teu router para máis información.
Introduce unha clave no campo clave, ou preme xerar. A outra persoa necesitará o teu IP externo xunto coa clave para conectar. Se se introduciu un porto diferente ao predeterminado (6837) no campo "porto", asegúrate de que a outra persoa engade o porto ó enderezo do equipo na forma <IP externo>:<porto>.
Unha vez premas aceptar, estarás conectado. Cando a outra persoa se conecte, poderás usar NVDA Remote con normalidade.
Unha vez a sesión está conectada, o usuario do equipo controlador pode premer F11 para comezar a manexar o equipo remoto (p.ex. mediante o envío de teclas do teclado ou de entrada braille). Cando NVDA di controlando equipo remoto, as teclas do teclado e da pantalla braille que premas irán á máquina remota. Ademais, cando o equipo controlador está a utilizar unha pantalla braille, mostrarase nela información do equipo remoto. Preme f11 de novo para deixar de enviar teclas e cambiar de novo ó equipo controlador. Para unha mellor compatibilidade, por favor asegúrate de que as distribucións de teclado dos dous equipos coinciden.
Para compartir un link de maneira que alguén mais se poida unir con facilidade á túa sesión de NVDA REMOTE, selecciona Copiar liga dende o menú do Remote. Se estás conectado como computadora controladora, esta ligazón permitirá a alguén máis conectarse e ser controlado. Se en lugar diso configuraches a túa computadora para ser controlada, a ligazón permitirá ás persoas coas que a compartas controlar o teu equipo. Varias aplicacións permitirán aos usuarios activar esta ligazón automaticamente, mais se non funciona dende unha app determinada, pódese copiar ao portapapeis e executalo dende o diálogo executar.
A pesar de que o envío de teclas estea activado, a combinación ctrl+alt+supr non se pode enviar coma o resto. Se necesitas enviar ctrl+alt+supr, e o sistema remoto se encontra no escritorio seguro, usa este comando.
Ás veces podes querer controlar un dos teus propios equipos remotamente. Isto é especialmente útil se te encontras viaxando, e queres controlar o ordenador da casa dende o portátil, ou controlar un equipo nunha habitación da túa casa mentres estás fóra con outro equipo. Cunha preparación un pouco avanzada isto faise posible.
Para un uso avanzado, tamén podes configurar o NVDA Remote para que se conecte automaticamente a un servidor local ou remoto en modo controlador. Se queres facer isto, selecciona Controlar outro equipo no segundo grupo de botóns de opción.
Nota: As opcións relacionadas coa autoconexión ao inicio no diálogo de opcións non se aplicarán ata que NVDA se reinicie.
Se non queres escoitar a voz do ordenador remoto, é tan simple coma ir ao menú de NVDA, ferramentas, remoto. Baixa con frecha abaixo hasta oír silenciar voz do equipo remoto, e preme intro. Observa que esta opción non deshabilita o envío de braille remoto á pantalla controladora cando o equipo controlador estea a enviar teclas.
Para finalizar unha sesión remota, fai o seguinte:
No equipo controlador, pulsa f11 para deixar de enviar pulsacións de teclado. Deberías escoitar a mensaxe: "Controlando equipo local.". Se oes unha mensaxe dicindo que estás controlando o equipo remoto, pulsa f11 novamente.
Accede ao menú de NVDA, ferramentas, remoto, e pulsa intro en desconectar.
A opción enviar portapapeis no menú remoto permíteche enviar texto dende o teu portapapeis. Cando estea activada, calquira texto no portapapeis enviarase ós outros equipos.
Para que NVDA Remote funcione no escritorio seguro, o complemento debe estar instalado no NVDA que se executa no escritorio seguro.
No menú de NVDA, selecciona preferencias, e a continuación opcións xerais.
Pulsa tabulador ata o botón Utilizar opcións actualmente gardadas do logon e outras pantallas seguras (require privilexios de administrador), e pulsa Intro.
Responde sí ás advertencias sobre copiar a configuración e os complementos, e responde á advertencia do control de contas de usuario que debería aparecer.
En canto NVDA Remote estea instalado no escritorio seguro, se te controlan nunha sesión remota, terás acceso por voz e braille ao escritorio seguro ao entrar nel.
Gustaríanos dar o noso recoñecemento aos seguintes contribuíntes que, entre outros, axudaron a que o proxecto NVDA Remote fora unha realidade.