#NVDA Remote Access Versión 2.1

Benvido ao complemento de acceso remoto de NVDA, que che permitirá conectarte a outro equipo que execute o lector de pantalla de balde NVDA. Da igual que esteas ó outro lado da habitación ou ó outro lado do mundo. Conectarse é simple, e hai moi poucos comandos que aprenderse. Podes conectarte ao equipo doutra persoa, ou permitir a unha persoa de confianza que se conecte ao teu sistema para realizar un mantemento rutineiro, diagnosticar un problema, ou ensinarche algo.

Antes de comezar

É necesario ter instalado NVDA en ambos os dous equipos, e obter o complemento NVDA Remote Access. A instalación de NVDA e do complemento non varía con respecto a outras. Se necesitas máis información, podes encontrala na guía de usuario de NVDA.

Actualización

Cando se actualice o complemento, se instalaches NVDA Remote no escritorio seguro, recoméndase que actualices tamén a copia do escritorio seguro. Para facer isto, primeiro actualiza o complemento existente. De seguido abre o menú de NVDA, preferencias, Opcións Xerais, e preme o botón etiquetado con "Utilizar opcións actualmente gardadas do logon e outras pantallas seguras (require privilexios de administrador)".

Iniciar unha sesión remota a través dun servidor externo

O equipo controlado

  1. Abre o menú de NVDA, ferramentas, remoto, conectar.
  2. Elixe cliente no primeiro grupo de botóns de opción.
  3. Elixe permitir que controlen este equipo no segundo grupo de botóns de opción.
  4. No campo equipo ou servidor, introduce o servidor ao que te vas a conectar, por exemplo nvdaremote.com. Cando o servidor remoto utiliza un porto diferente (ao 6837), pode introducir o nome na forma <servidor>:<porto>, por exemplo nvdaremote.com:1234.
  5. Introduce unha clave no campo clave, ou preme o botón xerar clave. A clave é o que outros utilizarán para controlar o teu equipo. A máquina controlada e todos os seus clientes deben usar a mesma clave.
  6. Pulsa aceptar. Feito isto, escoitarás un son e conectado.

Controlar outro equipo

  1. Abre o menú de NVDA, ferramentas, remoto, conectar.
  2. Elixe cliente no primeiro grupo de botóns de opción.
  3. Elixe controlar outro equipo no segundo grupo de botóns de opción.
  4. No campo equipo ou servidor, introduce o servidor ao que te vas a conectar, por exemplo nvdaremote.com. Cando o servidor remoto utiliza un porto diferente (ao 6837), pode introducir o nome na forma <servidor>:<porto>, por exemplo nvdaremote.com:1234.
  5. Introduce unha clave no campo clave, ou preme o botón xerar clave. A clave é o que outros utilizarán para controlar o teu equipo. A máquina controlada e todos os seus clientes deben usar a mesma clave.
  6. Pulsa aceptar. Feito isto, escoitarás un son e conectado.

Conexións directas

A opción servidor no diálogo conectar permite establecer una conexión directa. Unha vez seleccionada, elixe o modo no que se comportará o teu equipo durante a sesión. A outra persoa conectarase utilizando o contrario.

Unha vez seleccionado o modo, podes usar o botón obter IP externo para obter o teu enderezo IP externo e asegurarte de que o porto introducido no campo "porto" está reenviado(aberto) correctamente. Se portcheck detecta que o porto (por defecto 6837) non se pode alcanzar dende Internet, aparecerá una advertencia. Reenvía(abre) o porto e inténtao de novo. Nota: o proceso de reenviar portos está fóra do propósito deste documento. Consulta a documentación que acompaña ao teu router para máis información.

Introduce unha clave no campo clave, ou preme xerar. A outra persoa necesitará o teu IP externo xunto coa clave para conectar. Se se introduciu un porto diferente ao predeterminado (6837) no campo "porto", asegúrate de que a outra persoa engade o porto ó enderezo do equipo na forma <IP externo>:<porto>.

Unha vez premas aceptar, estarás conectado. Cando a outra persoa se conecte, poderás usar NVDA Remote con normalidade.

Controlando o equipo remoto

Unha vez a sesión está conectada, o usuario do equipo controlador pode premer F11 para comezar a manexar o equipo remoto (p.ex. mediante o envío de teclas do teclado ou de entrada braille). Cando NVDA di controlando equipo remoto, as teclas do teclado e da pantalla braille que premas irán á máquina remota. Ademais, cando o equipo controlador está a utilizar unha pantalla braille, mostrarase nela información do equipo remoto. Preme f11 de novo para deixar de enviar teclas e cambiar de novo ó equipo controlador. Para unha mellor compatibilidade, por favor asegúrate de que as distribucións de teclado dos dous equipos coinciden.

Compartindo a túa sesión

Para compartir un link de maneira que alguén mais se poida unir con facilidade á túa sesión de NVDA REMOTE, selecciona Copiar liga dende o menú do Remote. Se estás conectado como computadora controladora, esta ligazón permitirá a alguén máis conectarse e ser controlado. Se en lugar diso configuraches a túa computadora para ser controlada, a ligazón permitirá ás persoas coas que a compartas controlar o teu equipo. Varias aplicacións permitirán aos usuarios activar esta ligazón automaticamente, mais se non funciona dende unha app determinada, pódese copiar ao portapapeis e executalo dende o diálogo executar.

Enviar ctrl+alt+supr

A pesar de que o envío de teclas estea activado, a combinación ctrl+alt+supr non se pode enviar coma o resto. Se necesitas enviar ctrl+alt+supr, e o sistema remoto se encontra no escritorio seguro, usa este comando.

Control remoto dun equipo desatendido

Ás veces podes querer controlar un dos teus propios equipos remotamente. Isto é especialmente útil se te encontras viaxando, e queres controlar o ordenador da casa dende o portátil, ou controlar un equipo nunha habitación da túa casa mentres estás fóra con outro equipo. Cunha preparación un pouco avanzada isto faise posible.

  1. Entra no menú de NVDA, elixe ferramentas e a continuación remoto. Finalmente, ulsa intro en opcións.
  2. Marca a casilla etiquetada como: "Conectar automaticamente ao servidor de control ao arrancar".
  3. Selecciona entre utilizar un servidor de control remoto ou hospedar a conexión localmente.
  4. Selecciona Permitir que controlen este equipo no segundo grupo de botóns de opción.
  5. Se hospedas a conexión ti mesmo, necesitarás asegurarte de que o porto introducido no campo homónimo (por defecto 6837) no equipo controlado pode ser alcanzado dende os equipos controladores.
  6. Se desexas utilizar un servidor de control remoto, enche os campos equipo e clave, preme tabulador ata aceptar, e pulsa intro. A opción xerar clave non se atopa dispoñible nesta situación. É mellor escribir unha clave que se poida recordar para que poidas usala facilmente dende calqueira lugar remoto.

Para un uso avanzado, tamén podes configurar o NVDA Remote para que se conecte automaticamente a un servidor local ou remoto en modo controlador. Se queres facer isto, selecciona Controlar outro equipo no segundo grupo de botóns de opción.

Nota: As opcións relacionadas coa autoconexión ao inicio no diálogo de opcións non se aplicarán ata que NVDA se reinicie.

Silenciar a voz no equipo remoto

Se non queres escoitar a voz do ordenador remoto, é tan simple coma ir ao menú de NVDA, ferramentas, remoto. Baixa con frecha abaixo hasta oír silenciar voz do equipo remoto, e preme intro. Observa que esta opción non deshabilita o envío de braille remoto á pantalla controladora cando o equipo controlador estea a enviar teclas.

Finalizar unha sesión remota

Para finalizar unha sesión remota, fai o seguinte:

  1. No equipo controlador, pulsa f11 para deixar de enviar pulsacións de teclado. Deberías escoitar a mensaxe: "Controlando equipo local.". Se oes unha mensaxe dicindo que estás controlando o equipo remoto, pulsa f11 novamente.

  2. Accede ao menú de NVDA, ferramentas, remoto, e pulsa intro en desconectar.

Enviar portapapeis

A opción enviar portapapeis no menú remoto permíteche enviar texto dende o teu portapapeis. Cando estea activada, calquira texto no portapapeis enviarase ós outros equipos.

Configurar NVDA Remote para que funcione no escritorio seguro

Para que NVDA Remote funcione no escritorio seguro, o complemento debe estar instalado no NVDA que se executa no escritorio seguro.

  1. No menú de NVDA, selecciona preferencias, e a continuación opcións xerais.

  2. Pulsa tabulador ata o botón Utilizar opcións actualmente gardadas do logon e outras pantallas seguras (require privilexios de administrador), e pulsa Intro.

  3. Responde sí ás advertencias sobre copiar a configuración e os complementos, e responde á advertencia do control de contas de usuario que debería aparecer.

  4. Cando a configuración se copie, preme intro para aceptar a confirmación. Pulsa tabulador ata aceptar e preme intro de novo para salir do diálogo.

En canto NVDA Remote estea instalado no escritorio seguro, se te controlan nunha sesión remota, terás acceso por voz e braille ao escritorio seguro ao entrar nel.

Contribucións

Gustaríanos dar o noso recoñecemento aos seguintes contribuíntes que, entre outros, axudaron a que o proxecto NVDA Remote fora unha realidade.

Rexistro de cambios

Versión 2.1

Versión 2.0